Como podo solicitar os meus movementos?

Se abonaches a peaxe mediante o uso dun dispositivo Vía-T ou tarxeta podes consultar os tránsitos dos últimos tres meses aquí

Se non dispós de PIN para realizar a consulta podes solicitalo aquí

Pódense solicitar facturas anteriores á data da alta?

Si. Escríbenos a atencionalcliente@audasa.es indicándonos desde que data desexas solicitar as túas facturas.

A emisión de facturas anteriores á alta, por tratarse dun periodo xa declarado, xerarase en formato factura substitutiva expidindo unha factura por cada tránsito realizado.

Como podo recibir as miñas facturas?

Se abonaches a peaxe mediante o uso dun dispositivo vía-T ou tarxeta podes descargar as túas facturas na seguinte página. Para iso, é necesario que estés dado de alta no servizo de e-factura.

Se aínda non es usuario deste servizo, esquece o papel e obtén as túas facturas en formato dixital a través do seguinte formulario.

Poderás consultar as túas facturas cando queiras e desde calquera lugar.

Que podo facer se se realizou un cargo incorrecto?

Contáctanos a través do correo electrónico atencionalcliente@audasa.es.

Se o traxecto realizado foi abonado mediante o uso dun dispositivo Vía-T, envíanos un email indicando a matrícula do vehículo, o número completo do dispositivo vía T utilizado, así como a data en que se realizou o tránsito de que se trate. Para localizar o número do Vía-T revisa os adhesivos externos do dispositivo. Se non podes visualizalo debes dirixirte ao emisor que che proporcionou o Vía T.

Se o traxecto realizado foi abonado mediante o uso de tarxeta bancaria, envíanos un email coa numeración completa da tarxeta utilizada, así como a data en que se realizou el tránsito.

Como podo abonar un tránsito debido?

Ponte en contacto con nós a través de calquera das nosas canles de atención ao cliente. Facilitarémosche todos os datos necesarios para realizar o abonamento.