Onde podo conseguir o Vía-T?

Podes consultar a listaxe de entidades emisoras en www.viat.es.

Como podo solicitar os meus movementos?

Se abonaches a peaxe mediante o uso dun dispositivo Vía-T ou tarxeta podes consultar os tránsitos dos últimos tres meses aquí

Se non dispós de PIN para realizar a consulta podes solicitalo aquí

Teño Vía-T e cando chego á peaxe non funciona

  1. Comproba que o dispositivo Vía-T non está caducado.
  2. Comproba que a colocación do Vía-T no teu vehículo é a correcta.
  3. Asegúrate de que respetas a velocidade máxima establecida para a zona de peaxe.
  4. Se segue sen funcionar, diríxete á entidade emisora para explicarlle o teu caso.

Pódense solicitar facturas anteriores á data da alta?

Si. Escríbenos a atencionalcliente@audasa.es indicándonos desde que data desexas solicitar as túas facturas.

A emisión de facturas anteriores á alta, por tratarse dun periodo xa declarado, xerarase en formato factura substitutiva expidindo unha factura por cada tránsito realizado.

Que debo facer en caso de extravío do meu dispositivo Vía-T?

Debes poñerte inmediatamente en contacto co emisor que che proporcionou o Vía-T e informalo da incidencia.

Como podo recibir as miñas facturas?

Se abonaches a peaxe mediante o uso dun dispositivo vía-T ou tarxeta podes descargar as túas facturas na seguinte página. Para iso, é necesario que estés dado de alta no servizo de e-factura.

Se aínda non es usuario deste servizo, esquece o papel e obtén as túas facturas en formato dixital a través do seguinte formulario.

Poderás consultar as túas facturas cando queiras e desde calquera lugar.

O dispositivo de telepeaxe ten data de caducidade?

Sí, o OBE ten data de caducidade. De excedela, o semáforo da vía permanece en vermello e non se acciona a barreira.

Que podo facer se se realizou un cargo incorrecto?

Contáctanos a través do correo electrónico atencionalcliente@audasa.es.

Se o traxecto realizado foi abonado mediante o uso dun dispositivo Vía-T, envíanos un email indicando a matrícula do vehículo, o número completo do dispositivo vía T utilizado, así como a data en que se realizou o tránsito de que se trate. Para localizar o número do Vía-T revisa os adhesivos externos do dispositivo. Se non podes visualizalo debes dirixirte ao emisor que che proporcionou o Vía T.

Se o traxecto realizado foi abonado mediante o uso de tarxeta bancaria, envíanos un email coa numeración completa da tarxeta utilizada, así como a data en que se realizou el tránsito.

Cando caduca o meu dispositivo Vía-T?

Revisa os adhesivos externos do dispositivo. Estes mostran unha data de caducidade asociada.

Se non podes visualizala, debes dirixirte ao emisor que che proporcionou o Vía-T.

Como podo abonar un tránsito debido?

Ponte en contacto con nós a través de calquera das nosas canles de atención ao cliente. Facilitarémosche todos os datos necesarios para realizar o abonamento.